Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mrsic: "O de Granada é un partido de necesidade para os dous equipos"

Mrsic: "O de Granada é un partido de necesidade para os dous equipos"

O ex-xogador do Río Breogán Scott Bamforth xogará contra o seu antigo equipo este sábado

Foto @CBBreogan
G24.gal 25/04/2024 14:56 Última actualización 25/04/2024 15:02

O Río Breogán ten toda unha final con maiúsculas pola permanencia na liga Endesa este sábado  a domicilio ante o Covirán Granada.

Os dous equipos son rivais directos nunha loita que se vai resolver nas últimas catro xornadas da competición e o máis inmediato que lles chega é un partido a vida ou morte no que está en xogo algo máis unha vitoria, xa que tamén está pendente un basket average que pode resultar determinante no caso de dobres ou triplos empates entre o Río Breogán, o Covirán Granada e o Obradoiro.

Mrsic: "É un partido de necesidade para os dous equipos, necesidade de gañar".

"Queremos seguir xogando ben, máis concentrados ao final e ter a recompensa".

O ex-xogador do Río Breogán, Scott Bamforth, xogará contra o seu antigo equipo este sábado. O aleiro de Novo México fichou recentemente polo Covirán para reforzar o seu perímetro.

O seu debut produciuse na pasada xornada ante o Zunder Palencia, e anotou 12 puntos para lanzar ao seu equipo á súa novena vitoria do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos