Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mozos e maiores comparten experiencias no cultivo da horta

Mozos e maiores comparten experiencias no cultivo da horta

O concello de San Xoán de Río acolle un proxecto interxeracional no que participan maiores de 55 anos e menores de 35

Proban cultivos experimentais para estudar a súa viabilidade no Macizo Central

G24.gal 13/05/2023 14:54 Última actualización 13/05/2023 15:14

Algunhas das mulleres que participan no proxecto levan décadas poñendo a horta, pero non están familiarizadas coas plantas que hoxe traen entre mans. "Isto son... que era isto? espinaca, si", comenta unha das alumnas do curso.

Chegan á horta despois de pasar pola aula, onde un enxeñeiro agrícola que case podería ser neto lles dá claves ata agora descoñecidas para elas. "Eu planto moi xuntiño e aquí mándanos separar bastante". "Mesturar as verduras para loitar contra os insectos. Aprendín moitas cousas", explican.

Elas aprenden, pero tamén ensinan. A súa experiencia é clave para guiar as alumnas máis novas. "Que plantas teñen que ir e cales non, como hai que sementar, como sachar...", sinala unha das alumnas máis novas.

Voluntariado interxeracional

Van experimentar con distintos tipos de cultivos para identificar, de paso, posibles nichos de mercado.

Nicolás Fernández, enxeñeiro técnico agrícola que imparte o curso: "Unha parcela experimental que despois esta xente poida empregar na súa horta, cando vexan como se adapta o produto á zona".

Unha actividade que se enmarca nun proxecto de voluntariado interxeracional.

Érika González, educadora social da asociación de mulleres ANEL: "Do que se trata é de poñer en valor o coñecemento dos maiores e tamén dos mozos, facer un complemento".

Tamén abordarán outros ámbitos, como a apicultura, a biodiversidade ou o turismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade