Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mouriz di que o Racing non ten nada que ver na prohibición de indumentaria do Deportivo na bancada

Mouriz di que o Racing non ten nada que ver na prohibición de indumentaria do Deportivo na bancada

O partido entre Racing de Ferrol e Deportivo foi declarado de alto risco

G24.gal 05/04/2023 13:43 Última actualización 05/04/2023 13:48

O partido entre Racing de Ferrol e Deportivo foi declarado de alto risco. Por este motivo desde a entidade anunciaron que "por motivos de seguridade, fóra da Bancada Visitante non estará permitido portar ningunha indumentaria do Club visitante (camisetas, bufandas…)".

En definitiva, que só permitirán indumentaria deportivista na bancada habilitada para os seareiros do Deportivo, non podendo lucir ningún distintivo branco e azul fóra dela.

Carlos Mouriz: "É para dúas bancadas. É unha medida como outras que nos marcaron desde a coordinación de seguridade. Non temos nada que ver".

Mentres, desde o Deportivo activaron a reserva previa de entradas para este partido. Como anunciaron desde o club, o Racing de Ferrol puido habilitar o fondo co que o número de localidades dispoñibles para a afección Deportivista pasa das 866 inicialmente anunciadas a 1.866. Destas, 746 serán xestionadas directamente pola Federación de Peñas en virtude do acordo existente entre ambas as entidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade