Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren dous cans envelenados con estricnina en Ames

Morren dous cans envelenados con estricnina en Ames

Sucedeu na zona en que desenvolven actividades ensinantes e cativos de Menais Educación na Natureza

O día 19 ás sete da tarde terá lugar en Bertamiráns unha concentración para concienciar contra o uso de velenos  

Un grupo de Menais Educación na Natureza sufriu en vivo os efectos do mortal envelanamento dos cans
G24.gal 11/01/2023 14:09

Norte, unha cadela que aínda non tiña catro anos, e o seu fillo, Foc, de sete meses, sufriron unha morte brutal debido á acción dalgún desaprehensivo que colocou cebos de estricnina. Sucedeu nun monte do concello de Ames preto do lugar da Garea e onde desenvolve a súa actividade unha escola de educación na natureza.

"Convulsionaba tanto a cadela que tivemos que parar no camiño. Tivo que vir outro acompañante buscar os nenos máis maiores para poder levalos", di Alejandra Iglesias, presidenta do Proxecto Menais Educación na Natureza.

Alejandra conta que o tentou todo para reanimar a cadela e o cachorro, pero en menos dunha hora os dous morreron: "Norte, no terreo, e con Foc deron chegado á clínica veterinaria, pero non foi posible sacalo adiante. As análises de toxicoloxía confirmaron as sospeitas".

Naiara Marín, veterinaria da clínica Bichos, di que deron positivo en estricnina e lembra que o uso, venda e utilización dese veleno está prohibida desde hai moitos anos.

A familia educativa de Menais denunciou ante o Seprona uns feitos que sitúan o cebo do veleno prohibido nos arredores dunha parcela onde pastan ovellas pola tarde, supostamente, contra predadores do rabaño. Pero os que hai quince días morreron foron Norte e Foc. Eran integrantes deste equipo pedagóxico, que vive días de dó desde hai quince, cando o envelenamento, e afrontando a inquedanza dos cativos.

Alejandra Iglesias lembra que ademais de ocasionarlle unha morte traumática a Norte e Foc, o feito supuxo un gran sobresalto para os cativos que viviron os síntomas da intoxicación dos dous cans.

O xoves, 19 ás sete da tarde teñen convocada unha concentración na praza da Maía de Bertamiráns para denunciar e chamar a atención sobre o sucedido para que non se volva dar ningún caso mais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar