Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren 6 persoas, catro delas menores, nun accidente de tráfico en Menorca

Morren 6 persoas, catro delas menores, nun accidente de tráfico en Menorca

A Garda Civil apunta ao exceso de velocidade como causa do accidente

Os menores tiñan idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Os adultos son unha muller de 48 e un home de 52 anos

Tres dos menores eran fillos da muller e o outro do home

G24.gal 23/11/2024 23:18 Última actualización 24/11/2024 10:16

Tráxico accidente de tráfico en Menorca no que morreron seis persoas, catro delas menores con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Os dous adultos falecidos son unha muller de 48 e un home de 52 anos, segundo as informacións facilitadas pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a Garda Civil e o 061.

Tres dos menores eran fillos da muller e o outro do home, todos eles españois e residentes en Mahón.

O accidente produciuse contra as oito da tarde preto la cidade de Mahón. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, no que non se viu implicado ningún outro vehículo. O coche no que viaxaban as seis vítimas, un Kia Creed, foise da calzada nunha rotonda no quilómetro 0,5 da estrada Me-14, ao lado do aeroporto de Menorca.

O coche chocou violentamente contra un muro situado xunto á vía e os seis ocupantes de vehículo, que ao parecer non levaban postos os cintos de seguridade, faleceron polo impacto no lugar dos feitos.

A Garda Civil apunta que a causa do accidente puido ser un un exceso de velocidade. Os axentes de tráfico traballan esta mañá no lugar do sinistro para intentar esclarecer novos detalles que poideran motivar o accidente que ten conmocionada illa.

O delegado do Goberno en Baleares, Alfonso Rodríguez, dixo na rede social 'X' que está "terriblemente consternado" polo "gravísimo" accidente mortal, "una enorme desgracia". Tamen transmitiu publicamente o seu pésame ás familias e achegados das vítimas.

Segundo as estatísticas da Dirección Xeral de Tráfico, este ano faleceron 32 persoas en accidentes nas Baleares, entre o 1 de xaneiro e o 21 de novembro, cifra á que se sumaría un ciclista falecido este sábado en Bunyola e as seis vítimas de Menorca.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar