Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren 22 persoas e 54 quedan feridas nun ataque con mísiles rusos en Ucraína

Morren 22 persoas e 54 quedan feridas nun ataque con mísiles rusos en Ucraína

No ataque faleceron cinco nenos, tres deles bebes

O obxectivo foi un edificio residencial de varias plantas situado na rexión de Cherniguiv, ao norte do país

Reuters Reuters
G24.gal 08/10/2026 07:25

Vinte e dúas persoas morreron e outras 54 foron feridas no ataque ruso deste mércores que destruíu un edificio residencial de varias plantas na cidade de Priluki da rexión de Cherniguiv, no norte de Ucraína, segundo o último resultado ofrecido este xoves polo Servizo de Emerxencias de Ucraína.

“Nestes momentos, os rescatadores continúan buscando entre os entullos e desmontando as construcións derruídas”, aseguran.

O presidente Volodimir Zelenski cualifica o ataque como un acto de terrorismo deliberado. "Este é o agasallo que fixo Putin polo seu aniversario: o asasinato de nenos, o asasinato de persoas", denunciou.

Entre os falecidos no ataque hai cinco nenos, tres deles de apenas un ano.

 

mg/llb

(vídeo)

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade