Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha usuaria dun centro para discapacitados de Bóveda tras ser agredida por outra interna

Morre unha usuaria dun centro para discapacitados de Bóveda tras ser agredida por outra interna

O caso investígase como un presunto delito de homicidio

A Xunta traslada o seu "pesar"e ponse á disposición da Fiscalía para investigar o que aconteceu

Arquivo
G24.gal 26/06/2026 10:43

Unha usuaria dun centro para persoas con discapacidade situado en Bóveda faleceu nas últimas horas despois de ser agredida por outra interna.

Segundo fontes da Garda Civil, os feitos ocorreron o pasado domingo, cando supostamente unha das persoas usuarias, duns 40 anos, agrediu outra de 60, tendo que ser esta última trasladada a un centro hospitalario.

Finalmente a vítima faleceu no hospital, polo que se investiga como un presunto delito de homicidio.

O caso xa foi trasladado á xustiza para tratar de aclarar o sucedido. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) indicaron a Europa Press que a Praza 2 do Tribunal de Instancia de Monforte iniciou un procedemento por este caso.

Así, a presunta autora dos feitos permanece ingresada, e o tribunal está pendente de recibir os informes forenses que determinen se a muller está en condicións de prestar declaración.

Desde a consellería de Política Social trasladaron o seu pesar polo acontecido e manteñen o contacto coa residencia e co consistorio deste concello lugués.

A conselleira, Fabiola García, indica que a Xunta está "a colaborar de forma permanente con todas as forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Fiscalía, que son os encargados de pescudar que aconteceu".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade