Cargando resultados...
Un incendio en Moaña provoca unha columna de fume visible desde as praias do Morrazo
De momento, non hai perigo para as vivendas
Actualmente, traballan na extinción do lume dous axentes, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.
G24.gal
16/08/2026 14:36
O municipio pontevedrés de Moaña, na comarca do Morrazo, rexistrou na mañá deste domingo outro incendio forestal, declarado ás 12.08 horas na parroquia de Meira.
Medio Rural aínda non dispón dun cálculo concreto da superficie calcinada, aínda que estima que non está por encima dunha hectárea. Arestora, traballan na extinción do lume dous axentes, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.
De momento, non hai perigo para as vivendas. Pero a gran columna de fume é visible desde as numerosas praias da contorna e a autovía do Morrazo.