Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller no incendio dunha casa no concello de Miño

Morre unha muller no incendio dunha casa no concello de Miño

O lume declarouse pouco despois das cinco da tarde no lugar de Sombreu

Imaxe da casa incendiada
G24.gal 01/10/2022 18:59 Última actualización 01/10/2022 22:02

Unha muller faleceu no incendio dunha vivenda situada no lugar de Sombreu, no concello de Miño. O lume, por causas que aínda se descoñecen, declarouse pouco despois das cinco da tarde.

A vítima atopábase no interior da casa. O persoal sanitario só puido confirmar o seu falecemento. Os bombeiros de Betanzos tardaron varias horas en extinguir as lapas.

No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil e da Policía Local e membros de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar