Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller tras unha forte explosión e o incendio dunha vivenda en Tenerife

Morre unha muller tras unha forte explosión e o incendio dunha vivenda en Tenerife

Os bombeiros deron coa muller falecida durante a extinción do lume

Axentes da Policía Nacional fixéronse cargo da investigación do suceso para tratar de aclarar as circunstancias do ocorrido

 

G24.gal 20/05/2025 10:35

Unha muller morreu durante a noite deste luns tras producirse unha forte explosión e un incendio nunha vivenda unifamiliar e que produciu explosións no seu interior e derruba da fachada na rúa Verdugo e Masssieu da Laguna, na illa canaria de Tenerife.

Segundo informa o Centro Coordinador de Emerxencias e Seguridade (Cecoes) 112, a alerta por este suceso deuse contra as 23:00 horas deste luns. As dotacións enviadas por Bombeiros de Tenerife extinguiron as lapas e atoparon unha muller falecida na vivenda.

Pola súa banda, axentes da Policía Nacional fixéronse cargo de instruír as dilixencias correspondentes.

A Xerencia de Urbanismo do Concello da Lagoa realizou unha inspección á vivenda e, como medida preventiva, procedeu ao desaloxo temporal dunhas seis vivendas lindeiras ao edificio afectado por este incendio. En total, foron recolocadas nove persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar