Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio na nave de xestión de residuos no Porriño e a Xunta desactiva o plan de emerxencias

Extinguido o incendio na nave de xestión de residuos no Porriño e a Xunta desactiva o plan de emerxencias

A Xunta activara o PLATERGA este sábado para mobilizar bombeiros de diferentes puntos da provincia e de Portugal

Esta planta xa vivira episodios similares en 2008, cando ardeu por completo, e en 2018, con desfeitas materiais importantes

Carlos Martínez, tenente de alcalde do Concello de Porriño, explica a situación do incendio
G24.gal 17/05/2025 13:29 Última actualización 17/05/2025 17:17

Emerxencias da por extinguido o grande incendio que se orixino na mañá deste sábado nunha nave de xestión de residuos no Porriño. O lume quedou extinguido a primeira hora da tarde, segundo informa Emerxencias de Galicia.

Extinguido o lume a Xunta desactivou a Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) e os numerosos medios mobilizados desde diferentes puntos da provincia de Pontevedra e, mesmo, desde Portugal regresaron ás súas bases.

Os danos materiais deixados polo lume son considerables, xa que a virulencia do fogo fixo que colapsara o teito das instalacións.

Os veciños alertaron as 10:52 da columna de fume que saía do polígono das Gándaras

No Porriño, un incendio nunha nave no polígono das Gándaras obrigou a mobilización dun importante número de efectivos e a activación do Plan Territorial de Emerxencias por parte da Xunta, PLATERGA.

É a terceira vez que arde esta nave de xestión de residuos do Grupo González Couceiro situada no polígono das Gándaras.

Segundo informa o 112, Emerxencias de Galicia tivo coñecemento do lume ás 10:52 horas a través das chamadas de diversos particulares, que alertaban do lume na nave de reciclaxe de lixo. A columna de fume era visible desde varios quilómetros.

Participaron efecticos da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e os bombeiros do Porriño, O Morrazo, Vigo, Ribadumia, Valença do Miño e o GES de Mos.

Así mesmo, o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) mobilizou unha cisterna de gran capacidade, mentres que Urxencias Sanitarias-061 desprazou ata o lugar unha dotación, aínda que polo momento non hai constancia de danos persoais

Emerxencia de Galicia informa de que contra as 13 horas da tarde o lume xa estaba perimetrado, pero continúan os traballos de extinción en dúas zonas sensibles con plásticos e rodas. Información que confirmaba posteriormente Carlos Martínez, tenente de alcalde do Concello do Porriño.

A Xunta activou o PLATERGA debido ás dimensións deste incendio para "facer fronte á situación de risco e garantir unha resposta eficaz e coordinada" entre os diferentes organismos de emerxencias, tal e como explica o 112.

Esta planta xa vivira episodios similares en 2008, cando ardeu por completo, e en 2018, con desfeitas materiais importantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade