Morre unha muller de 42 anos no incendio da súa vivenda en Ourense
Segundo confirmou o alcalde da cidade, a vítima estaba inconsciente á chegada dos bombeiros, e foron inútiles as manobras de reanimación
Unha muller de 42 anos e con iniciais M. R. P. faleceu por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda, no barrio de Quintela da cidade de Ourense, segundo informou este mércores Urxencias Sanitarias 061.
A alerta recibiuse o martes, ás 20:54 horas, e ao lugar desprazáronse dúas ambulancias, unha de soporte vital básico e outra avanzado.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, lamentou este suceso e sinalou, nas súas redes sociais, que a vítima foi achada inconsciente.
Os sanitarios soamente puideron certificar o falecemento.
🖤 Lamentamos el fallecimiento ayer noche de una vecina de OUrense de 42 años, tras el incendio desatado en su vivienda de Quintela.
— Gonzalo Pérez Jácome -Alcalde de Ourense- (@gonzalojacome) December 20, 2023
La mujer fue hallada inconsciente a la llegada de los bomberos, siendo inútiles las maniobras de reanimación.