Morre unha muller atropelada na Coruña cando atravesaba unha mediana
Os feitos ocorreron arredor das 20:00 horas na ronda do Outeiro con Manuel Deschamps
A vítima é unha muller de 49 anos de nacionalidade polaca e veciña da Coruña
Arredor das 20:00 horas deste sábado, Emerxencias de Galicia 112 recibía o aviso dun atropelo na ronda de Outeiro na Coruña, segundo informaba na súa conta de X.
#AXEGAInforma dun atropelo
— 112 Galicia (@112Galicia) January 3, 2026
📍Ronda de Outeiro, 290, A Coruña
▶️Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un turismo
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local e @policia pic.twitter.com/b7si0q4dJ2
Trasladada ao lugar a Policía Local e as urxencias sanitarias do 061, puideron constatar que a falecida era unha muller de 49 anos, de nacionalidade polaca e residente na Coruña.
Ao parecer, a vítima atravesaba pola mediana da ronda de Outeiro con Manuel Deschamps, cando perdeu o equilibrio, por causas que se descoñecen, e caeu á estrada.
O condutor do vehículo que a atropelou non foi quen de reaccionar a tempo, atropelouna e a muller morreu no acto.