Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador ao caer dunha obra en San Cibrao das Viñas

Morre un traballador ao caer dunha obra en San Cibrao das Viñas

Segundo o obreiro que estaba onda el, esvarou sobre o forxado do primeiro andar

G24.gal 09/06/2022 14:57

Un operario faleceu este mércores ao caer dunha altura de tres metros cando traballaba na reforma dunha casa no lugar de Rante, en San Cibrao das Viñas.  

Segundo a informado o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 17:45 horas, cando o home caeu dun dos alicerces que arman a estrutura da planta superior da edificación.  

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pediron a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada por salvar a vida do home.  

O falecido era o propietario da empresa construtora que se estaba encargando da obra dunha casa en Rante. Segundo o obreiro que estaba canda el, esvarou sobre o forxado do primeiro andar e caeu contra o chan.

O home era natural de Xinzo de Limia e estaba a piques de xubilarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade