Morre un mozo de Meis nun accidente en Somiedo
Esvarou por unha támara de 150 na ruta do Lago da Cueva
Izan Garrido de 21 anos esvarou por unha támara de 150 metros en Somiedo nunha zona de xeo e sen acceso rodado. Ata o lugar acudiu o helicóptero medicalizado do Servizo de Emerxencias do Principado. A facultativa estivo unha hora reanimándoo, pero non puido facer nada por salvarlle a vida.
Era un mozo deportista que practicaba karate e montaba a cabalo, pero sobre todo amante do fútbol, deporte en que se iniciou de neno na Sociedade Deportiva Mosteiro. Agora militaba no Romai de Portas.
A familia é moi querida e coñecida na parroquia de Paradela en Meis onde a súa nai rexenta o restaurante Doña Carmen. Toda a familia participa activamente na vida social da vila.
Izan, deportista, maduro para a súa idade e de gran fortaleza física vivía co seu pai e estudaba na Universidade. Hoxe estaba prevista a realización da autopsia e nas próximas horas celebraranse os funerais. O equipo da súa vila traballa xa nalgún tipo de homenaxe.