Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda promove Galicia nas redes como "un dos mellores lugares" para ver a eclipse

Rueda promove Galicia nas redes como "un dos mellores lugares" para ver a eclipse

Máis de 140 concellos teñen "unha posición privilexiada" para observar este fenómeno

No portal habilitado pola Xunta, eclipse.xunta.gal, hai máis información sobre a eclipse 

G24.gal 05/08/2026 17:49

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, difundiu un vídeo no seu perfil de Instagram en que reivindica Galicia como "un dos mellores lugares" para ver a eclipse solar do 12 de agosto, o primeiro total en máis de 110 anos na Península Ibérica.

"É a porta de entrada da eclipse na Península Ibérica e das primeiras zonas nas que poderá observarse na súa totalidade", continúa o presidente.

O presidente autonómico sinalou que se trata "dun acontecemento único que só se poderá ver completamente en catro países" -Islandia, Groenlandia, Rusia e España-.

No vídeo, relata que Galicia conta con nove destinos Starlight e máis de 140 concellos "cunha posición privilexiada" para observar este fenómeno e descubrir Galicia como "destino singular". 

Tamén apunta a entrar en 'eclipse.xunta.gal' -o portal que habilitou a Xunta con información ao respecto- ante calquera dúbida ou para obter máis datos. Finalmente insta a seguir as recomendacións expertas para ver a eclipse con certeza.

"Galicia Calidade tamén no ceo", conclúe Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade