Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un motorista de 23 anos nun accidente no paseo da Castellana, en Madrid

Morre un motorista de 23 anos nun accidente no paseo da Castellana, en Madrid

Na moto ía outro mozo de 25 anos que quedou ferido de gravidade

G24.gal 21/12/2022 08:06

Un mozo de 23 anos morreu en Madrid ao bater a moto que conducía contra un VTC, un vehículo que presta servizo con condutor. O falecido viaxaba na moto cun acompañante que resultou ferido de gravidade e foi trasladado ao hospital cun traumatismo cranioencefálico severo.

Ocorreu no paso da Castellana sobre as nove da noite. Os sanitarios do Samur non puideron facer nada por salvarlle a vida ao piloto, que faleceu no acto. A Policía Local investiga as causas do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade