Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un lugués de 26 anos atropelado por un camión na A-6 en León

Morre un lugués de 26 anos atropelado por un camión na A-6 en León

O accidente ocorreu arredor do quilómetro 371, preto da localidade leonesa de Bembibre

Ata o lugar desprazáronse unha patrulla de Tráfico e os servizos sanitarios, que non puideron salvarlle a vida

G24.gal 27/05/2025 10:45

Un veciño de Lugo morreu este luns atropelado por un camión na A-6. O accidente ocorreu arredor do quilómetro 371, en sentido A Coruña, á altura da localidade de Bembibre, na provincia de León.

O sinistro aconteceu na madrugada do luns cando un vehículo dunha empresa frigorífica atropelaba un home na calzada. 

Ata o lugar desprazáronse unha patrulla de Tráfico e os servizos sanitarios, que non puideron salvarlle a vida ao mozo. A Garda Civil abriu unha investigación para determinar as causas do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade