Morre un home tras caer co seu coche ao río Coroño, en Boiro
A vítima, de 35 anos, era veciño e Arbo, pero residente na zona
Os bombeiros de Boiro recuperaron o corpo nun lugar onde a auga ten algo máis de dous metros de fondo
Un home de 35 anos faleceu esta madrugada tras caer co vehículo que conducía ao río Coroño, en Boiro. Ocorreu contra ás 3:30, preto da aldea de Runs, onde residía a vítima, que era natural de Arbo.
Os bombeiros iniciaron o rescate pero reclamaron a axuda dos GEAS da Garda Civil, xa que no lugar a profundidade da auga era de máis de dous metros e no medio da noite os traballos facíanse moi complicados. Finalmente a colaboración entre os dous corpos permitiu a retirada do corpo da vítima deste sinistro.
No lugar un guindastre de grandes dimensións retirou o vehículo do río a media mañá.