Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home en Ourense ao caer da súa bicicleta

Morre un home en Ourense ao caer da súa bicicleta

Aconteceu na madrugada deste venres, na rúa Xoán XXIII

Arquivo Arquivo
G24.gal 28/02/2025 08:58

Un home faleceu ao caer da bicicleta en Ourense. Aconteceu na madrugada deste venres, na rúa Xoán XXIII.

Segundo informa o 112, un particular alertou os servizos de emerxencia do ocorrido minutos despois das 04:30, advertindo que a vítima non reaccionaba. Cando chegaron, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Ata o lugar trasladáronse efectivos do 061 e tamén axentes da Policía Local e da Policía Nacional de Ourense.

🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu tras caer da súa bicicleta en Ourense.

➡️ Rúa de Juan XXIII.
➡️ Un particular alertou ao #112Galicia pasadas as 4:30 horas e sinalou que o implicado non respondía.

🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @policia, Policía Local de Ourense. pic.twitter.com/k4TS6K1EZM

Polo momento descoñécense as causas do seu falecemento.  As primeiras hipóteses apuntan a que podería tratarse dun suicidio. O xulgado de garda fíxose cargo da investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade