Cargando resultados...
Morre un home en Arzúa ao quedar atrapado polo seu tractor
O sinistro ocorreu no lugar de Bosende pouco antes das oito e media da tarde
Arquivo
G24.gal
09/04/2026 21:36
Última actualización 09/04/2026 23:43
Un home morreu na tarde deste xoves en Arzúa nun accidente de tractor. A vítima quedou atrapada entre o seu tractor e unha árbore mentres estaba cortando leña
O sinistro ocorreu no lugar de Bosende pouco antes das oito e media da tarde. Foi un veciño o que deu o sinal de alerta.
Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Arzúa, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os equipos de emerxencia empezaron os labores para poder rescatar a persoa. Tras retirar o vehículo, os profesionais sanitarios desprazados só puideron certificar o falecemento do home.