Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home afogado na praia de Arealonga, en Barreiros

Morre un home afogado na praia de Arealonga, en Barreiros

O home faleceu vítima dun infarto cando nadaba no areal lucense

 

Vista aérea da praia de Arealonga, en Barreiros (Lugo) Vista aérea da praia de Arealonga, en Barreiros (Lugo)
G24.gal 16/07/2022 20:56 Última actualización 16/07/2022 21:24

Un home morreu afogado este serán na praia de Arealonga, no concello lugués de Barreiros.

Os tripulantes dun kaiak foron os que rescataron o corpo sen vida nunha zona rochosa do areal. Varios bañistas alertaron aos servizos de emerxencias de que había dúas persoas en apuros nun momento no que o mar estaba bastante revolto. Un deles conseguiu poñerse a salvo, pero o outro faleceu.

Os axentes da Garda Civil confirmaron que sacaron o corpo da auga e, pese aos esforzos do sanitarios, non puideron facer nada para salvarlle a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar