Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un ciclista tras sufrir unha indisposición en Aranga

Morre un ciclista tras sufrir unha indisposición en Aranga

Circulaba pola Nacional-VI

G24.gal 15/01/2022 20:48

No concello de Aranga, un ciclista morreu logo de sufrir unha indisposición mentres circulaba pola estrada Nacional-VI. Pouco despois do mediodía, o 112 recibiu unha chamada dun particular para informar da caída dunha persoa na vía.

Emerxencias mobilizou o helicóptero medicalizado que ten base en Santiago de Compostela, pero cando o equipo médico chegou ao lugar o home xa falecera. A Garda Civil de Tráfico encargouse de garantir a seguridade na estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar