Cargando resultados...
Morre un can no incendio dun pendello en Tomiño
Os bombeiros tiveron que intervir dúas veces para sufocar as lapas
G24.gal
27/01/2022 11:09
No incendio dun pendello en Tomiño morreu o can da familia, que non conseguiu escapar das lapas. Os propietarios si puideron salvar o cabalo que estaba no mesmo pendello.
Todo parece indicar que o lume se iniciou por unha caldeira que estaba dentro do alboio na parroquia de Tebra. No lugar había moita palla e leña acumulada, que ao prender fixeron que aumentase a carga térmica no lugar.
Poucas horas despois de apagalo, os bombeiros do Porriño tiveron que volver ao lugar para arrefriar as brasas que quedaban e espallalas para evitar que se reavivase o lume.