Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o histórico dirixente da ETA Antton Troitiño

Morre o histórico dirixente da ETA Antton Troitiño

Concedéranlle a liberdade condicional en xaneiro para se tratar dun cancro

G24.gal 17/12/2021 21:02

Anttón Troitiño, histórico membro da extinta organización terrorista ETA, morreu hoxe aos 64 anos en Irún a causa dun cancro.

Integrante do Comando Madrid, acumulara condenas por un total de 2.746 anos de cárcere por 22 asasinatos dos que cumprira 24.

S súa derradeira condena en 2018 foi de cinco anos e once meses por reintegrarse na ETA cando fora excarcerado en 2011 por un erro xudicial. 

O pasado xaneiro quedara en liberdade para recibir tratamento do cancro que padecía, tras pasar 28 anos en prisión. Vixilancia Penitenciaria calculou que Troitiño cumpriría a súa condena en novembro do ano que vén.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade