Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Emilio Cao, referente da música do país

Morre Emilio Cao, referente da música do país

O compositor e cantautor compostelán faleceu este domingo aos 72 anos

G24.gal 26/05/2025 11:58

O compositor e cantautor Emilio Cao faleceu este domingo en Santiago aos 72 anos.

O artista, referente no folk do país, nado na capital galega no ano 1953, dera os seus primeiros pasos como músico na súa propia cidade na década dos 70 con proxectos máis próximos ao pop e ao rock, para deseguido integrar o colectivo Voces Ceibes.

Foi o seu descubrimento da arpa celta, que aprendeu a tocar de xeito autodidacta, o que o acabou por converter nun músico admirado polo público e valorado pola crítica. En 1977 publica Fonte do Araño, o seu primeiro disco, que lanza a súa carreira.

A ese traballo seguiron outros como Lenda de pedra do destiño (1979), No manto da auga (1981), Amiga Alba e Delgada (1986) ou Cartas Mariñas (1992) cos que Emilio Cao consolidou unha carreira cun selo moi persoal.

O último recoñecemento chegoulle en 2024 co premio honorífico dos Martín Códax da Música, onde se destacou o seu traballo para a recuperación da arpa celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar