Cargando resultados...
Morre o xornalista vasco Carlos Pumares aos 80 anos
Acadou unha gran sona como crítico de cine e co programa 'Polvo de estrellas'
A fama volveulle con forza grazas ao programa 'Crónicas marcianas'
Escribiu guións, libros e actuou en filmes

G24.gal
13/10/2023 11:38
Morre aos oitenta anos o crítico de cine Carlos Pumares. O xornalista obtivo unha gran popularidade polo seu programa radiofónico e televisivo 'Polvo de estrellas', que presentou durante 33 anos. Tamén foi guionista de cine e televisión, e chegou a saír na gran pantalla.
Corenta anos despois das súas primeiras incursións en televisión, a pequena pantalla deulle de novo unha gran popularidade como colaborador do programa 'Crónicas marcianas'. Tamén escribiu varios libros.