Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece aos 51 anos Joaquín Palacín, presidente de Chunta Aragonesista

Falece aos 51 anos Joaquín Palacín, presidente de Chunta Aragonesista

Fora diagnosticado dun cancro hai máis dun ano

Joaquín Palacín (Europa Press-Arquivo) Joaquín Palacín (Europa Press-Arquivo)
G24.gal 05/03/2026 21:46

O presidente de Chunta Aragonesista (CHA), Joaquín Palacín, faleceu este xoves aos 51 anos como consecuencia dun cancro que lle foi diagnosticado fai máis dun ano, anunciou o propio partido nun comunicado.

Desde CHA apuntan que Palacín foi "unha das voces máis firmes e xenerosas do aragonesismo político" e aseguran que destacou "pola súa proximidade, a súa honestidade e a súa entrega constante", tanto ao partido como á súa terra.

Desde Chunta Aragonesista, indican no comunicado, agradecen o seu compromiso con Aragón, coa xustiza social e co proxecto colectivo durante tantos anos.

Ademais de agradecer todo o que Palacín deu ao proxecto común de CHA, desde o partido trasladaron o seu agarimo e apoio á súa familia, amizades "e a todas as persoas que hoxe senten a súa perda".

Casado e con tres fillos, Palacín naceu en Huesca en 1974. Antes de entrar en política dedicouse á dirección de empresas de consultoría e servizos ambientais.

Entre 2007 e 2013 foi concelleiro do Concello de Monzón (Huesca), onde foi presidente do Padroado de Deportes e da Institución Feiral, e entre 2015 e 2019 foi director xeneral de Ordenación do Territorio, dependente do Departamento de Vertebración do Territorio, Mobilidade e Vivenda do Gobierno de Aragón.

En febreiro de 2020 foi elixido presidente de CHA e reelixido en marzo de 2024. De xuño do 2019 a febreiro de 2026 foi deputado nas Cortes de Aragón, nas X e XI lexislaturas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos