Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre a concelleira de Benestar de Lugo Olga López Racamonde

Morre a concelleira de Benestar de Lugo Olga López Racamonde

A súa é a terceira morte no que levamos de mandato, tras a perda da exalcaldesa Paula Alvarellos e o deceso de Pablo Permuy

Arquivo Arquivo
G24.gal 06/04/2026 21:58 Última actualización 06/04/2026 22:38

A responsable de Benestar no Goberno local de Lugo, a socialista Olga López Racamonde, faleceu este luns.

A súa é a terceira morte no que levamos de mandato, tras a perda da exalcaldesa Paula Alvarellos e o deceso de Pablo Permuy, que foi responsable de xestión.

López Racamonde padecía unha enfermidade coa que levaba loitando nos últimos tempos.

Enfermeira especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, ao longo da súa traxectoria combinou esta actividade coa docencia, outra das súas paixóns. 

O líder do PSdeG, Jose Ramón López Besteiro, lamentou a súa perda nas redes sociais.

"Olga López Racamonde saía do hospital para votar nos plenos e volvía. Así era ela. Así quería a Lugo. Así entendía o comproiso co socialismo e cos veciños e veciñas da súa cidade. Matrona, profesora, concelleira. Coidou de todos ata que o corpo xa non a deixou". Así a lembraba Besteiro nunha mensaxe publicada en X.

O falecemento de Olga Racamonde obriga a realizar un novo cambio no grupo municipal socialista a pouco máis dun ano das eleccións municipais. O seguinte na lista é Alberto Caldeiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade