Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre a balea de case quince metros varada nunha praia próxima a Lisboa

Morre a balea de case quince metros varada nunha praia próxima a Lisboa

As primeiras análises do cetáceo apuntan a que tiña fracturas no corpo

G24.gal 16/04/2022 17:01

A balea varada na praia de Fonte da Telha, en Almada, a 30 quilómetros ao sur de Lisboa, morreu como consecuencia das feridas causadas por unha colisión. Así o confirmou o Instituto de Conservación da Natureza e os Bosques de Portugal.

O animal, un cachalote de 14,15 metros de lonxitude e un peso de 15 toneladas, apareceu o venres pola mañá no areal con lesións causadas por unha colisión que impedían que "sobrevivise nas súas condicións naturais".

Os traballos para movela, tras confirmar o seu falecemento permitiron observar as feridas extensas e profundas que confirmaron o choque como causa do varamento.

Medios portugueses apuntan a que a colisión foi contra unha embarcación de grandes dimensións.

O instituto da natureza portugués lembrou que as baleas habitan en "augas bastante profundas" e que cando se aproximan á costa "é por estaren enfermas ou por sufriren algún problema".

A presenza do animal no areal levantou grande expectación entre os bañistas e aqueles que se achegaron ata a praia mentres unha patrulla da Policía Marítima e unha embarcación salvavidas lle botaban auga para intentar mantelo con vida o máximo de tempo posible.

O luns está prevista a realización da necropsia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade