Publicador de contidos

Publicador de contidos

Monterroso ten a única plantación de espárragos de Galicia

Monterroso ten a única plantación de espárragos de Galicia

É un produto de gran demanda no mercado

A campaña vai de abril a xuño

G24.gal 10/05/2022 20:49 Última actualización 10/05/2022 21:01

En dúas hectáreas de plantación coma esta, situada no concello lugués de Monterroso, José Riós produce anualmente uns 6.000 quilos de espárragos verdes. El é o único en Galicia neste tipo de cultivo que buscaba abrir aquí novas canles de negocio. Os comezos non foron fáciles pero agora o produto ten unha gran demanda.

José Riós, produtor de espárragos: "Foi cuestión de moita paciencia e incluso de tirar espárragos ao principio porque non se vendían todos os que se cultivaban. Agora hai moita demanda, pero custou. Ao principio aquí non había costume de consumir espárragos e non os coñecían, pero agora xa hai moita demanda"

A colleita apenas dura dous meses entre abril e xuño e o resultado e un produto de gran calidade aínda que en ocasións a cantidade se ve afectada polo tempo.

José Riós, produtor de espárragos: "Aquí o problema é o tempo. Veñen xeadas en abril ou maio en plena produción e estragan todo e despois tarden quince días en volver os espárragos. Dá bastante traballo sobre todo porque a terra bota moita herba porque chove moito e telo limpo de herba é o peor. O resto lévase ben, traballar a terra, a poda e fertilizar".

Agora recollen espárragos a diario que en poucas horas se esgotan nos mercados galegos, onde o seu prezo roza os 9 euros o quilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade