Publicador de contidos

Moncho Fernández ten a todo o equipo en condicións para xogar co Palencia e viaxar a Turquía

Moncho Fernández ten a todo o equipo en condicións para xogar co Palencia e viaxar a Turquía

Moncho Fernández : "Co que temos arestora é suficiente para afrontar os retos que temos por diante"

G24.gal 21/09/2023 15:06 Última actualización 21/09/2023 15:15

A expensas do que poida suceder no último adestramento da semana, Moncho Fernández ten a todo o plantel dispoñible para abrir o curso o sábado ante o Palencia e viaxar un día máis tarde a Turquía, a fin de disputar a fase previa da Champions League.

"Co que temos arestora é suficiente para afrontar os retos que temos por diante".

Jordan Howard, que regresou do Mundial con molestias no talón de Aquiles, está a traballar co grupo e a súa evolución é positiva, tal e como confirmou o propio Alquimista de Pontepedriña. O internacional portorriqueño está a facer un dobre esforzo para poñerse ao día co traballo táctico que os seus compañeiros levan xa adiantado.

De acordo con as primeiras impresións do técnico, é un alumno avantaxado. Moncho Fernández ve ao colectivo "preparado para sacar adiante" o primeiro compromiso ligueiro, sen deixar de apuntar que "as condicións ideais dos equipos, non só a do Obradoiro, virán máis adiante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos