Publicador de contidos

Publicador de contidos

Momentos de tensión no Orzán por mor dun bañista que non lograba regresar á beira

Momentos de tensión no Orzán por mor dun bañista que non lograba regresar á beira

 Un episodio que volve poñer o foco na importancia de extremar as precaucións nestes primeiros días de praia que non contan co servizo de socorrismo

G24.gal 21/05/2026 14:43

Decenas de persoas aproveitaron a xornada solleira deste mércores para tomar o sol e mesmo dar o primeiro baño do ano. Unha afluencia de bañistas que trouxo consigo o primeiro rescate na praia do Orzán, despois de que unha persoa tivera problemas para regresar á beira. 

"Meteuse nas augas do Orzán, tivo problemas e comezou a facer espaventos para que o axudasen. Meteuse xente a axudalo, que parece que tiñan idea, pero sen material e sen nada, a rescatar a esta persoa que sae ben", explica Nuria Rodríguez, presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

A rápida actuación deses bañistas evitou consecuencias máis graves nunha zona que cualifican de perigosa por mor das correntes.

Un episodio que xerou preocupación e volve poñer o foco na importancia de extremar as precaucións, aínda máis, nestes primeiros días de praia que non contan co servizo de socorrismo.​​​​​​

"Pedimos a máxima precaución posible. É moi importante que antes de ter dous accidentados teñamos un só. Para iso, imos chamar ao 112" conclúe Rodríguez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade