Mobilizacións en apoio de María Corina Machado, quen anunciou a súa presenza en Oslo para recoller o Nobel da Paz
Mobilizacións en apoio de María Corina Machado, quen anunciou a súa presenza en Oslo para recoller o Nobel da Paz
As marchas foron convocadas por membros do seu partido, Vente Venezuela, nunhas duascentas cidades en máis de vinte países
Santiago e Vigo acolleron as mobilizacións en Galicia, baixo os lemas "Paz e Liberdade" e "O Nobel é noso"
A convocatoria realizada por membros de Vente Venezuela, o partido da premio nobel da Paz, estendeuse a unhas duascentas cidades en máis de vinte países. En España, Madrid e Barcelona acolleron as mobilizacións máis numerosas, coas que os venezolanos da diáspora queren amosar o apoio á Corina Machado.
"Ao tempo que ela reciba o Nobel da paz nas súas mans, todos os venezolanos en Venezuela e tamén no resto do mundo, estaremos recibindo o Nobel da Paz nos nosos corazóns. Porque é o comezo do retorno da paz e a democracia á Venezuela", sinala Geraly Rodríguez, portavoz da ONG Un mundo sen mordaza, participante na mobilización en Barcelona.
Compostela e Vigo foron as urbes galegas onde se celebrou a marcha, en que os participantes portaron lanternas como acontence na ceremonia da capital Noruega.
"O Premio Nobel ten sido un pulo moi grande para lograr o obxectivo que temos todos os venezolanos, que é a liberdade. E é un premio moi merecido, xa que levamos 26 anos nesta loita", comenta María Fernanda Ruiz, participante na marcha convocada en Vigo.
O Instituto Nobel anunciou que Corina Machado acudirá á cerimonia en Oslo o próximo 10 de decembro, malia a incerteza de se puidera retornar á Venezuela, onde agora vive na clandestinidade.