Mo Katir fai historia e proclámase subcampión de Europa dos 5.000 metros
Outra das grandes noticias do día foi a clasificación directa de Maribel Pérez para a final dos 100 metros

Mo Katir volve facer historia e proclámase subcampión de Europa dos 5000 metros. Katir colgouse este martes a prata nos Europeos de Atletismo que se celebran en Múnic. O corredor español terminou en segunda posición a final dos 5000 m, proba de fondo na que era un dos favoritos despois de alzarse co bronce nos 1.500m do Mundial de Oregón o pasado mes de xullo.
Las primeras palabras del 𝙨𝙪𝙗𝙘𝙖𝙢𝙥𝙚𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙀𝙪𝙧𝙤𝙥𝙖 de 5.000m con su 🥈
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) August 16, 2022
Al habla Katir #EspañaAtletismo 🙌🏼#PasiónPorCompetir pic.twitter.com/iEG5MbRQ70
Outra das grandes noticias do día foi a clasificación directa de Maribel Pérez para a final dos 100m tras quedar segunda na súa serie. Unha participación histórica, a primeira en 20 anos nun Europeo tras a de Glory Alozie, que quedou cuarta precisamente tamén en Múnic.