Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta deixa escapar dous puntos na súa visita ao Xetafe (3-2)

O Celta deixa escapar dous puntos na súa visita ao Xetafe (3-2)

Mayoral e Jaime Mata poñen por diante os locais ao descanso

A entrada de Aspas cambiou o encontro, conseguindo que o empate se elevase ao marcador

No 89, outro erro defensivo fixo que Jaime Mata puxera en vantaxe final o Xetafe

G24.gal 11/02/2024 12:52 Última actualización 11/02/2024 16:48

Rafa Benítez compadeceu ante os medios despois do partido e viuse un Rafa cortante ante as preguntas. Ao preguntarlle pola formulación do encontro, esta foi a resposta do técnico:

"En Pamplona gañamos 0-3"

Temén foi preguntado pola suplencia de Aspas. O moañés saltou ao campo e revolucionou o encontro conseguindo levar o empate ao marcador. 

"A mesma que tivemos en Valencia cando gañamos o en Pamplona cando gañamos".

Rafa mostrouse desgustado polo erros que están a condicionar ao equipo:

"A reacción do equipo merecía máis. Cando consegues empatar e parece que podes levar o partido, cometes outro erro".

Minuto a minuto

13:00

Xa coñecemos as aliñeacións dos dous equipos para o partido de hoxe!

 

14:00

COMEZA O ENCONTRO NO COLISEUM!

Minuto 9

Ristic probou sorte!

 

Falta na frontal da área para o lateral esquerdo. O lanzamento espetou na barreira e marchou cerac do pau da porta de David Soria.

Minuto 41

Borja Mayoral abre a lata.

 

Despois dun rexeite no longueiro, Mayoral empurra o balón a pracer para facer o 1-0.

Minuto 47

Aumenta a vantaxe o Xetafe.

Erro na saída de balón do Celta. Greenwood leva a contra, dispara e o rexeite aparece Jaime Mata para facer o 2-0

TEMPO DE LECER NO COLISEUM!

Partido en xogo de novo!

Minuto 55

FÓRA MANQUILLO!

Centro de Ristic que se paseou pola área e acabou nos pés do outro carrileiro. O disparo non foi bo e marchou desviado.

Minuto 70

GOOOOOOOL DO CELTA!!

 

Aspas filtrou un balón para Manquillo que gañou a liña de fondo. O carrileiro madrileño puxo o balón ao área e alí impúxose Larsen para recurtar distancias

Minuto 83

GOOOOOOOL DE TADEO ALLENDE

Outra vez Aspas, que recibe e filtra para o arxentino. Diante de Soria, non perdoa Allende e iguala o encontro

Minuto 89

Gol do Xetafe

 

Jaime Mata coa testa volveu a poñer por diante aos locais. Pouco durou a ledicia celeste.

Minuto 97

Derrota do celeste que mantén 3 puntos de vantaxa sobre o descenso, marcado polo Cádiz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos