Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miño toma medidas contra a seca e restrinxe o uso da auga

Miño toma medidas contra a seca e restrinxe o uso da auga

Non hai duchas abertas nas praias e fontes públicas, non se emprega auga da traída pública para regar xardíns ou baldear rúas nin para a limpeza de fachadas e está prohibido encher a piscina

A seca deixa sen auga as duchas das praias e o uso municipal nos lugares públicos
G24.gal 09/08/2022 13:08

Miño é o primeiro municipio da comarca coruñesa que aprobou restricións no consumo de auga. Non hai duchas abertas nas praias e fontes públicas, non se emprega auga da traída pública para regar xardíns ou baldear rúas nin para a limpeza de fachadas e está prohibido encher a piscina.

"Eu estiven uns días antes de que a cortaran e caíame a alma ao chan vendo como se duchaba a xente con xabón e todo, iso non é normal".

"Nós estivemos pola Costa da Morte e había praias pequenas que si tiñan auga nas duchas, pero, por exemplo, en Caión non había, polo que parece lóxico que nos sitios onde hai máis poboación se empregue para uso doméstico aínda que nos moleste".

"Se non hai non se pode usar, pero é incómodo iso, eu teño plantas e non podes regar nada; non podes nin lavar o coche".

"Eu véxoo axeitado hai trinta anos eu ía a praia e non había duchas e por iso non deixei de ir a praia". 

O Concello recomenda substituír os baños por duchas ou evitar a perda de auga en billas e mangueiras que funcionen mal e pide as empresas e comercios minimizar o consumo de agua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade