Publicador de contidos

Publicador de contidos

Filipe VI reencóntrase coa súa familia no funeral de Constantino de Grecia

Filipe VI reencóntrase coa súa familia no funeral de Constantino de Grecia

Don Xoán Carlos e dona Sofía, irmá do falecido, chegaron xuntos á catedral de Atenas

Numerosas casas reais despediron a Constantino, que foi soterrado no palacio de Tatoi

G24.gal 16/01/2023 09:26 Última actualización 16/01/2023 13:10

A realeza europea despediuse este luns do exrei Constantino II de Grecia, irmán da raíña Sofía, nun funeral celebrado na Catedral Metropolitana de Atenas, ao que asistiron preto de dous centenares de persoas, entre eles, a familia do rei de España.

Os primeiros en chegar á catedral foron os tres fillos homes de Constantino, Paulo, Nicolás e Filipe, que estiveron xunto ao cadaleito mentres ían entrando os invitados.

O rei Xoán Carlos I chegou xunto á raíña Sofía, e apoiado en todo momento no seu bastón. Xunto a eles, as infantas Helena e Cristina. 

A familia do rei non sentou xunta debido ao protocolo, pero a de hoxe era a primeira ocasión en que aparecían todos en público desde o funeral de dona Pilar de Borbón en 2020.

 

Ademais, era a primeira vez que Filipe VI e don Xoán Carlos I coincidiron en público desde o funeral pola raíña Isabel de Inglaterra, en setembro pasado.

 

Os cidadáns que se congregaron xunto ao templo, recibiron á raíña honorífica con berros de "Sofía, Sofía". Os reis chegaron acompañados das infantas Helena e Cristina e dos fillos de ambas.

Flanqueando a ambos os dous lados o cadaleito atopábanse os achegados e monarcas: en primeira fila, a familia directa do defunto, é dicir, a súa esposa, Ana María de Dinamarca, así como os seus fillos, os citados Paulo, Nicolás, Filipe, así como Alexia e Teodora, e as súas respectivas parellas.

Detrás da familia directa, sentaron a raíña Sofía e o rei Xoán Carlos I, a princesa Irene, e outros membros da familia, na súa maioría netos do finado. Na terceira fila, outros familiares e as infantas.

En primeira fila polo lado esquerdo, estaban sentados os membros de realezas ou principados en activo e por orde de proclamación: os reis de España, Filipe VI e Letizia; de Bélxica, Filipe e Matilde; Países Baixos, Guillerme Alexandre e Máxima; de Suecia, Carlos Gustavo e Silvia; e de Dinamarca, Margarita, cuñada do falecido.

Entre os membros das monarquías e principados que asistiron a esta cerimonia estaban ademais, o gran duque Henrique de Luxemburgo, Alberte de Mónaco, Margarita de Liechtenstein, o príncipe herdeiro de Noruega, Haakon, coa súa esposa Mette Marit, así como a princesa Marta Luísa, a princesa Ana de Inglaterra, e, desde fóra de Europa, a raíña Noor de Xordania e a princesa Raiyah.

O cadaleito fora exposto desde as seis da mañá ata as dez e media hora local na capela contigua de Ayios Eleftherios, para dar oportunidade aos cidadáns para dar o seu último adeus, unha concesión que fixo o Goberno aos familiares do falecido, xa que en principio non estaba prevista ningunha exhibición en público.

O Goberno grego prohibira que se lle concedesen a Constantino as honras de xefe de Estado, tendo en conta de que a monarquía foi abolida en Grecia en 1974 nun referendo que apoiou o 69,2 % da poboación.

Diante do cadaleito cuberto coa bandeira grega e unha coroa de flores estaban exhibidas todas as condecoracións que recibiu o exrei ao longo da súa vida, incluída a Orde do Toisón de Ouro, unha das ordes de cabalería máis antigas e prestixiosas de Europa.

As exequias estiveron oficiadas polo arcebispo de Atenas e primado da Igrexa Ortodoxa de Grecia, Jerónimo II, quen flanqueado por todo o Santo Sínodo (conferencia episcopal) ofreceu unha liturxia propia dun home privado.

Ao final, o fillo maior, Pablo de Grecia, pronunciou unhas palabras de recordo que aproveitou para lembrar a participación de Constantino nos Xogos Olímpicos de Roma, e honrar o seu "patriotismo" en momentos difíciles para Grecia, como o foi o golpe de estado en 1967, cando -dixo- o entón rei tento de organizar un contragolpe que fracasou e obrigoulle a abandonar o país, para non converterse "na causa dun novo derramamiento de sangue quedando en Grecia".

"Sempre fiel ao legado do teu pai, aceptaches respetuosamente a decisión do pobo grego", apostilou en alusión ao referendo.

Ao termo da misa, os invitados trasladáronse ao cemiterio nas antigas leiras reais de Tatoi, onde xacen os pais de Constantino, o rei Pablo e a raíña Federica de Hannover, así como outros membros da familia real helena.

Alí, a contorna máis estreita rezou un responso polo defunto nunha pequena capela situada na leira antes de unirse ao resto de asistentes para dar sepultura ao exrei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade