Falece aos 74 anos o xornalista José Ángel de la Casa, a voz do mítico España-Malta
Retirado desde hai dezaoito anos, foi un referente no mundo da comunicación deportiva, con narracións de eventos como os Xogos Olímpicos e mundiais de fútbol

O xornalista José Ángel de la Casa Tofiño, narrador en Televisión Española (RTVE) dos principais acontecementos deportivos nacionais e internacionais, faleceu este luns aos 74 anos.
Naceu en Los Cerralbos (Toledo) o 1 de decembro de 1950, estudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e pasou por Radio Penínsular antes de incorporarse a Radio Nacional (RNE), desde onde deu o salto a TVE, onde se converteu nun auténtico referente no mundo da comunicación deportiva con narracións de eventos como os Xogos Olímpicos e mundiais de fútbol.
Foi durante moitos anos unha das voces da selección, en 1998 recibiu o Premio Ondas e, tras xubilarse en 2007 en TVE por mor dun ERE, traballou como narrador dos encontros da liga de Campións en Castilla La Mancha Televisión.
En 2014 anunciou que padecía a enfermidade de párkinson. En 2018 recibiu a Medalla de Ouro de Castela-A Mancha.