Falece Xoán Eiriz, cantante coruñés cunha traxectoria marcada polo compromiso coa lingua
Xoan Eiriz morreu esta fin de semana tras loitar cunha longa enfermidade
Comezou a súa traxectoria no ano 1988 con temas que van desde a música popular a composicións e adaptacións propias de poetas galegos
.png)
O cantante, compositor e profesor coruñés, Xoán Eiriz, faleceu esta fin de semana despois de loitar cunha longa enfermidade.
Xoán Eiriz naceu na Coruña o 15 de setembro de 1956 e finou este sábado, 10 de maio de 2025.
Comezou a súa traxectoria no ano 1978 con temas que van desde a música popular a composicións e adaptacións propias de poetas galegos como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Martín Codax, entre moitos outros.
A súa traxectoria estivo marcada polo seu compromiso coa lingua galega. As súas composicións tiñan influencia da música popular e desde eses rexistros achegábaa ao pop, sen perder a raíz folk da musica tradicional galega.
No seu compromiso coa lingua, adaptou ao galego cancións da música internacional e tamén pezas en castelán de Agustín Lara, Carlos Cano, Manuel Alejandro ou Carlos Gardel.
O autor de Dende as cordas do meu corazón desenvolveu a súa carreira en Galicia pero tamén chegou a actuar nos Estados Unidos.
Este sábado apagouse unha voz que acompañou varias xeracións, desde que soara por primeira vez Sentimentos, en 1978.