Cargando resultados...
Milleiros de habitantes da Habana quedaron sen luz durante horas este sábado
A causa da interrupción da subministración que afectou cinco municipios da Habana, foi un incendio nunha subestación eléctrica
Imaxe da Habana durante o gran apagamento deste sábado
G24.gal
13/04/2025 14:03
Última actualización 13/04/2025 14:24
Un grande apagamento afectou este sábado a varias zonas da capital de Cuba, A Habana. Quedaron sen luz milleiros de residentes de cinco municipios da cidade, entre eles os da turística Habana Vella e o centro.
A situación prolongouse durante varias horas, o que dificultou a realización das actividades cotiás para os habitantes e visitantes da cidade.
A causa da interrupción da subministración durante varias horas foi un incendio nunha subestación eléctrica, a de Tallapiedra, baixo terra. Os veciños da Habana quéixanse das continuas interrupcións do servizo eléctrico na cidade.