Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Adif alertara de oito incidencias en Adamuz desde a pasada primavera

O Adif alertara de oito incidencias en Adamuz desde a pasada primavera

O Goberno contestou en setembro a unha pregunta do PP no Senado sobre incidencias na sinalización

Lugar do sinistro, cerca de Adamuz (EFE/Jorge Zapata) Lugar do sinistro, cerca de Adamuz (EFE/Jorge Zapata)
G24.gal 19/01/2026 17:32

Desde a primavera pasada o xestor da infraestrutura ferroviaria, Adif, informou de polo menos oito incidencias en Adamuz, relacionados coa catenaria, a sinalización e a propia infraestrutura, entre outras.

Entre elas, o Goberno contestou en setembro a unha pregunta do PP no Senado explicando que o pasado 5 de xuño rexistráronse dúas incidencias técnicas que afectaron os sistemas de sinalización na liña ferroviaria de alta velocidade entre Adamuz e Villanueva de Córdoba.

Tamén se detectou un fallo nunha tarxeta de relés, compoñente fundamental para o funcionamento do sistema de sinalización, aínda que a tarxeta afectada foi substituída por unha nova e restableceuse a operatividade do sistema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade