Cubanos residentes en Galicia preocupados polo futuro da illa
Os últimos acontecementos no panorama internacional abren incertezas no país
As dúbidas fan que se misturen medo e expectación en moitos casos
A comunidade cubana residente en Galicia mantense pendente das noticias que lles trasladan as súas familias dende a illa.
Narciso Cureau Torres, leva algo máis de dous anos en Vigo,e describe unha situación moi complicada.
"É moi complicado (en Cuba) comprar alimentos, hai cortes continuos de electricidade, hai lugares que non teñen auga, hospitais sen medicamentos. a situación é ben complicada. E tamén hai un factor de desesperanza porque pasaron varios anos e a cousa non mellora".
Falan de factores internos e externos nos motivos da crise. Aleida Naval, tamén cubana, explica que o bloqueo tamén afecta ás fábricas: "hai falta de insumos en todos os sentido en todas as industrias en todo o que poidas ver, en medicamentos, en alimentos..."
Á distancia, súmase a incerteza do futuro no país, tralos últimos acontecementos internacionais. Ao falar de futuro, Yuniel Moré, cubano residente en Galicia, explica que hai unha mistura de esperanza e medo.
"Trump vai asumir o soño dos cubanos, vai facer o soño realidade pero a ver qué prezo temos que pagar por esa liberdade que agardamos", asegura
Na visión destes cubanos, tamén hai diferenzas, moitas veces marcadas pola idade e Aleida expresa as súas dúbidas.
"Que quen foi teu verdugo e te psioteou prometa que te vai liberar e que entón vai ser todo mellor... Vai ser todo bo? cal é experiencia en todos os países que fixo o mesmo?", afirma
Están creando unha asociación de Cubanos en Vigo, e só no grupo de whataspp xa son máis de 300. Nel comparten inquedanzas máis alá da política