Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miku regresa a Galicia para xogar no Arenteiro

Miku regresa a Galicia para xogar no Arenteiro

O veterano dianteiro venezolano (38 anos) xogou dúas temporadas no Deportivo

G24.gal 07/08/2023 07:38

O Arenteiro sorprendía co anuncio da fichaxe de Miku. O dianteiro venezolano (38 anos) xogará en Espiñedo e regresa a Galicia despois das dúas temporadas que xogou no Deportivo (2020-22) e nas que marcou 19 goles. 

O equipo do Carballiño buscaba completar a súa dianteira e atopa en Miku ese xogador que achegará moita experiencia neste ano de estrea na Primeira Federación. 

Falamos dun xogador con 120 partidos en Primeira División (Valencia, Xetafe e Raio Vallecano) e 37 goles. Tamén estivo na Segunda, na que foi o segundo máximo goleador da categoría xogando no Salamanca, no fútbol escocés, qatarí, indio ou chipriota. 

A última temporada comezouna no Murcia pero o club buscou un traspaso para reforzar a dianteira en xaneiro e rematou no Intercity de Alacant. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos