Cargando resultados...
O Arenteiro apaña unha nova derrota en Guadalaxara (2-0)
Cuarta derrota consecutiva co cadro ourensán, xa descendido
A semana que vén despídese da súa afección no Espiñedo contra a Ponferradina
G24.gal
09/05/2026 22:34
Nova derrota do Arenteiro, cuarta seguida. O cadro do Carballiño, xa descendido matematicamente á 2ª RFEF, caeu por 2-0 no Pedro Escartín ante o Guadalaxara, resultado que prexudica tamén ao Ourense CF, que pelexa cos manchegos por fuxir do descenso.
Os dous goles chegaron no primeiro tempo, en xogada marcou Kike. E Pablo Muñoz faría o segundo de penalti.
Quedan dúas xornadas. A próxima o Arenteiro despedirase da súa afección ante a Ponferradina.