Mihajlo Andric prolonga o contrato co Breogán ata o final da temporada
O serbio mediou 7,3 puntos en 20 minutos nos catro partidos que xogou como breoganista e convenceu o corpo técnico
Mihajlo Andric seguirá como breoganista ata o final da temporada. O serbio, cun contrato temporal, convenceu a directiva e o corpo técnico despois dun mes no que confirmou a importancia dentro da rotación do equipo.
Andric, que o ano pasado estivo no Estudiantes na Primeira FEB, foi unha solución de emerxencia diante das baixas por lesión na pretemporada. En catro partidos mediou 7,3 puntos e 3,8 rebotes en vinte minutos de media por encontro. O seu mellor rexistro foi na vitoria contra o Casademont Zaragoza con 12 puntos -catro triplas- no que amosou a súa ameaza no tiro exterior.
O aleiro cobre o oco que deixou hai unhas semanas Dreznjak, unha das apostas na pretemporada que non funcionou como agardaban no breogán e ao que lle tiveron que rescindir o contrato.