Cargando resultados...
Meteogalicia pon en marcha un sistema de predición máis preciso
O novo modelo ten unha resolución moito maior, pasando de 4 quilómetros a 1
G24.gal
23/03/2022 11:48
A partir de hoxe, Día Meteorolóxico Mundial, Metogalicia pon en marcha un novo modelo de predición a disposición dos profesionais e dos particulares a través da web e dun número telefónico. Trátase dun sistema de medición moito máis preciso e fiable.
"Damos un paso moi importante despois dun ano de traballo. Os 22 profesionais de Meteogalicia van facer que as predicións melloren no espazo e no tempo. É un modelo cunha resolución moito maior, pasando de 4 quilómetros a 1, e iso dende o punto de vista local é moi significativo", dixo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.