Publicador de contidos

Publicador de contidos

Messi mantense na pelexa por gañar o seu Mundial

Messi mantense na pelexa por gañar o seu Mundial

Arxentina derrota a Países Baixos na quenda de penaltis despois dun partido agónico (2-2)

G24.gal 09/12/2022 21:48 Última actualización 09/12/2022 22:57

O día que caeu o seu amigo Neymar e o Brasil deixou a Arxentina en solitario defendendo a honra do fútbol sudamericano Lionel Messi decidiu dar o enésimo paso adiante e conduciu á súa selección ata as semifinais. Alí verase as caras diante de Croacia. 

O partido resolveuse na quenda de penaltis (4-3) despois dunha secuencia agónica de acontecementos (2-2). Emiliano Martínez con dúas paradas na quenda foi outro dos grandes protagonistas do triunfo albiceleste.

Messi, o rei do fútbol dos últimos quince anos, persegue o único gran trofeo que lle queda por gañar e do que quedou ás portas hai oito anos. Unha asistencia a Nahuel Molina e un gol de Lionel de penalti foron dabondo para que o equipo do coruñés Scaloni superase os Países Baixos.

O equipo de Van Gaal, tradicionalmente asociado ao bo fútbol, tomou outro camiño moi diferente. Un cadro rochoso e que só se botou ao ataque cando tiña todo perdido. Meteu no partido o xigantón Weghorst. Un tanque de 197 que fixo historia cun gol no 82 e o do empate cando pasaban dez minutos do 90. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos