Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercado de Noiteboa concorrido e con prezos moderados en Lugo

Mercado de Noiteboa concorrido e con prezos moderados en Lugo

Moita variedade de peixes e mariscos por baixo dos 30 euros o quilo

A praza de abastos de Lugo rexistrou ringleiras de clientes desde primeira hora

O marisco na praza de abastos de Lugo vendeuse a prezos máis baixos do agardado para esta data especial
G24.gal 24/12/2021 14:31

O peixe sapo, a pescada, a ameixa ou a centola son algúns dos produtos estrela para levar ás nosas mesas nesta Noiteboa. Para conseguilos na praza de abastos de Lugo houbo que madrugar e ter paciencia. 

E malia que agardar ao último día ten o perigo de non atopar o que queres, moitos prefiren ese risco antes de conxelar. Outros moitos si que o fixeron, pero aínda así os comerciantes non se queixan do volume de vendas. Subliñan ademais que este ano os prezos non se dispararon.

Os comerciantes din que as limitacións pola pandemia condicionaron as compras. Porque segundo din, semella que este ano non escatimamos en gastos para celebrar o Nadal cos nosos manxares preferidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar