Cargando resultados...
Abre a estación de autobuses da intermodal da Coruña
A nova intermodal da Coruña completarase coa remodelada estación de tren a finais de ano
G24.gal
03/11/2026 08:20
Este martes, 3 de novembro, comeza a funcionar a nova estación intermodal de autobuses da Coruña. As liñas metropolitanas mantéñense, pero os itinerarios, as paradas e os horarios terán que adaptarse á terminal, que acollerá 435 servizos diarios e máis de dous millóns e medio de viaxeiros ao ano.
Ponse en marcha o plan de reordenación dos cinco corredores de entrada e saída da cidade. Os cambios permitirán reducir o tempo do traxecto entre 6 e 8 minutos nas liñas que proceden do sur da provincia.
A nova intermodal da Coruña completarase coa remodelada estación de tren a finais de ano.